tag:blogger.com,1999:blog-9249156.post-1129588656535532982005-10-17T10:45:00.000+02:002005-10-18T00:39:44.260+02:00O Mosteiro de TrandeirasComo todos sabedes o Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras é un dos monumentos máis siñificativos do noso concello. Dada a súa importancia temos o deber de recuperalo e conservalo para poder seguir disfrutando del.

Agora mesmo o seu estado é bastante lamentable. A igrexa foi obxecto dunha restauración (non exenta de polémica) hai uns anos, mais o resto do conxunto segue a deteriorarse.

Diante da falla de viabilidade das dúas alternativas que se plantexaron dende o PP, lembramos xeriátrico ou parador de turismo, a día de hoxe non hai perspectivas sobre que destiño darlle a esta construcción emblemática. No pleno extraordinario do pasado 14 de outubro propuxemos que podería ser acertado convocar un concurso de ideas para recoller suxerencias sobre posibles usos para o Mosteiro. Adiantándonos un pouco a esta posibilidade desexaríamos que nos achegásedes as vosas ideas ao respeito. ¿Que se pode facer co Mosteiro de Trandeiras? ¿Que suxerides?. As respostas podedes envialas ao noso email: info@bng-xinzo.org, ou deixalas aquí como comentarios a este post. Moitas grazas.

R___http://www.blogger.com/profile/06579873000202900725noreply@blogger.com2