tag:blogger.com,1999:blog-9249156.post-1117669398448818802005-06-02T11:30:00.000+02:002005-06-02T01:43:18.450+02:00Todos somos iguaisUnha "reflexión" que se escoita pola rúa moi a miúdo, especialmente nestes días nos cales a política cobra especial relevancia pola próxima cita electoral, é que da igual votar a uns ou outros porque "son todos iguais". Cando oiades isto é que estades casi seguro diante dun votante vergonzante do PP que así se consola da súa propia incapacidade, falta de criterio e falta de coraxe para revelarse diante da situación que crean os dirixentes deste partido máis preocupados pola súa situación persoal que por outra cousa.

Eu, persoalmente, vou explicar o que me diferencia a min dun votante ou simpatizante medio do PP:

Eu estou no BNG por ideoloxía. Un do PP está porque é donde lle din que ten que estar.

Eu estou no BNG porque podo e porque quero. Un do PP está para tirar algunha ventaxa do poder.

Eu estou no BNG porque non preciso nada. Un do PP está porque precisa "algo".

Eu creo que a política e o poder son instrumentos para mellorar a situación dos pobos. Un do PP cree que son instrumentos para mellorar a situación persoal e a dos amigos e "achegados".

Se o BNG non gaña unhas elección ó día seguinte eu vou seguir sendo o mesmo. Se o PP perde unhas eleccións ó día seguinte moita xente teme polas súas fabas.

Eu vou de interventor ou apoderado porque me apetece. Un do PP vai porque se non non entra no concello, ou na deputación, ou en calquera dos organismos que controlan.

Para rematar convídovos a facer un experimento moi sinxelo: pensade en aquela xente que coñecedes do BNG, quen son, que fan, onde están, etc. e facede o mesmo cos do PP. Logo tirade as vosas propias conclusións.

R___http://www.blogger.com/profile/06579873000202900725noreply@blogger.com4