Todos somos iguais
Unha "reflexión" que se escoita pola rúa moi a miúdo, especialmente nestes días nos cales a política cobra especial relevancia pola próxima cita electoral, é que da igual votar a uns ou outros porque "son todos iguais". Cando oiades isto é que estades casi seguro diante dun votante vergonzante do PP que así se consola da súa propia incapacidade, falta de criterio e falta de coraxe para revelarse diante da situación que crean os dirixentes deste partido máis preocupados pola súa situación persoal que por outra cousa.
Eu, persoalmente, vou explicar o que me diferencia a min dun votante ou simpatizante medio do PP:
Eu, persoalmente, vou explicar o que me diferencia a min dun votante ou simpatizante medio do PP:
- Eu estou no BNG por ideoloxía. Un do PP está porque é donde lle din que ten que estar.
- Eu estou no BNG porque podo e porque quero. Un do PP está para tirar algunha ventaxa do poder.
- Eu estou no BNG porque non preciso nada. Un do PP está porque precisa "algo".
- Eu creo que a política e o poder son instrumentos para mellorar a situación dos pobos. Un do PP cree que son instrumentos para mellorar a situación persoal e a dos amigos e "achegados".
- Se o BNG non gaña unhas elección ó día seguinte eu vou seguir sendo o mesmo. Se o PP perde unhas eleccións ó día seguinte moita xente teme polas súas fabas.
- Eu vou de interventor ou apoderado porque me apetece. Un do PP vai porque se non non entra no concello, ou na deputación, ou en calquera dos organismos que controlan.
