bng.xinzodalimia blog

Sexta-feira, Março 18, 2005

Pleno ordinario marzo 2005

Outros asuntos tratados no Pleno do 17 de marzo (a parte do tema da rede de saneamento, que vai nun post aparte) foron:
  • Aceptar a cesión por parte de Xestur dunha parcela (a nº3) no Parque Empresarial.
  • Ceder á Mancomunidade unha parte desta mesma parcela para a instalación do 'Ponto Limpo': aquí criticamos a falla de criterio e a mala xestión do Concello xa que se tentou instalar este servizo noutros sitios e sempre se atoparon co rexeitamento veciñal.
  • Alugar a Telefónica un terreo no recinto da EDAR para que traslade alí a antena que ten na R/ Ladeira: disto depende a construcción da Gardería, outro exemplo de infraestructura que se retrasa no tempo.
  • Cambiouse a calificación dos terreos ó lado do Concello para posibilitar a construcción do aparcadoiro: dende o grupo de goberno recoñeceuse a pouca viabilidade desta posible obra pola falta de interese da iniciativa privada.
  • Aprobouse solicitar da Consellería de Asuntos Sociais financiamento dentro do 'Plano Concertado 2005' para diversos programas que inclúen a construcción dun Centro de Día, dotacións e persoal.
  • Acordouse a adhesión ó convenio entre a SGAE e a FEMP para abaratar os custos das liquidacións dos dereitos de autor.
  • Aprobouse unha moción do PSdeG sobro do 'Día Internacional da Muller Traballadora'.
Resumindo, un pleno de xestión sen excesiva polémica.

Rede de saneamento

No pleno de onte (17 de marzo) aprobouse a conformidade para o proxecto das obras da nova rede de colectores. Lamentouse que o anterior proxecto, redactado por Aquagest, fora rexeitado por Augas de Galiza cando costou 10 millóns de pesetas.

Co novo proxecto os custos da instalación dispáranse o que fai que este ano só se vaia abordar un tramo de 1,5km, que custará 2 millóns de euros, e que non abrangue as zonas máis conflictivas da vila.

Nós solicitamos do alcalde un compromiso de que esta obra non ía afectar ás tarifas que actualmente se cobran por este servizo e el comprometeuse a que así fora.