O Mosteiro de Trandeiras
Como todos sabedes o Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras é un dos monumentos máis siñificativos do noso concello. Dada a súa importancia temos o deber de recuperalo e conservalo para poder seguir disfrutando del.
Agora mesmo o seu estado é bastante lamentable. A igrexa foi obxecto dunha restauración (non exenta de polémica) hai uns anos, mais o resto do conxunto segue a deteriorarse.
Diante da falla de viabilidade das dúas alternativas que se plantexaron dende o PP, lembramos xeriátrico ou parador de turismo, a día de hoxe non hai perspectivas sobre que destiño darlle a esta construcción emblemática. No pleno extraordinario do pasado 14 de outubro propuxemos que podería ser acertado convocar un concurso de ideas para recoller suxerencias sobre posibles usos para o Mosteiro. Adiantándonos un pouco a esta posibilidade desexaríamos que nos achegásedes as vosas ideas ao respeito. ¿Que se pode facer co Mosteiro de Trandeiras? ¿Que suxerides?. As respostas podedes envialas ao noso email: info@bng-xinzo.org, ou deixalas aquí como comentarios a este post. Moitas grazas.

2 Comentarios:
O mundo das ideas está tan ruinoso coma o propio mosteiro...
Por
Anónimo, ás 7:14 PM
Nin xeriatrico, nin parador, hospedería ou algo semellante. Xa temos moitos Mosteiros para o disfrute duns poucos pudentes.
Declaralo patrimonio da humanidade po la Unesco, e restauralo o deixalo como está, pero non deixar que se veña abaixo co paso do tempo.
Levo dous meses recorrendo os Mosteiros de Galicia, e moitos dame moita pena velos e outros enoxo do que fixeron diles.
Podedes ver unha mostra deles nesta URL:
http://www.flickr.com/photos/freecat/
Un saudo,
Ginés.
Por
Ginés, ás 9:45 PM
Enviar um comentário
<< Inicio