bng.xinzodalimia blog

Quinta-feira, Agosto 25, 2005

Pleno ordinario agosto 2005

Neste pleno adxudicáronse obras para a construcción do novo Xardín de Infancia e ampliación da Casa do Concello á empresa Ganade y Marra, S.L. A ámbolos dous concursos se presentaron dúas ofertas, a da citada empresa e a de ALEA, S.L. Unha vez analizadas, as condicións ofertadas por Ganade y Marra resultaron netamente superiores:


Xardín de Infancia
*Prezo: 696.000,00 eu
*Prazo de execución: 4 meses
*Aumento de obra sobre a proxectada: 108.520,00 eu
*Melloras estéticas e funcionais: 22.250,00 eu

Casa do Concello
*Prezo: 343.000,00 eu
*Prazo de execución: 3 meses
*Aumento de obra sobre a proxectada: 55.220,00 eu
*Melloras estéticas e funcionais: 17.250,00 eu


En definitiva todos estivemos dacordo en que era a oferta máis ventaxosa xa que en conxunto disporemos duns 27 millóns de pesetas extra para mellorar estas obras.

Non obstante, tamén coincidimos a oposición en conxunto, en reclamar unha revisión das bases de contratación para futuras adxudicacións de xeito que se favoreza a competencia entre empresas, o cal sempre resultará en interés do concello.

Pasando a outro tema, o noso portavoz apresentou unha moción de urxencia referida á folga da Mancomunidade instando ás partes a resolver o conflito mediante o diálogo. Despois dun debate e dunha pequena modificación foi aprobada por unanimidade por tódolos grupos.

1 Comentarios:

  • É moi estimulante ver que outras asembleas locais do BNG se abren paso nos mares dixitais ;-), moito ánimo compañeiros de Xinzo!

    Un saúdo afectuoso desde Carnota

    http://www.bng-carnota.blogspot.com

    Por Blogger maceirax, ás 8:26 PM  

Enviar um comentário

<< Inicio