bng.xinzodalimia blog

Sexta-feira, Fevereiro 18, 2005

Acto público sobre o Tratado Constitucional

Hoxe ás 20:30 horas celebramos no Hotel Xinzo una acto público informativo acerca da nosa visión do Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa que se vota en referendo este vindeiro domingo día 20.

En primeiro lugar intervín eu, e despois de saudar ós asistentes e agradecer a presenza do noso convidado Francisco García, fixen unha breve valoración sobre o proceso de alumbramento desta Constitución e diversos aspectos relacionados con ela.

A continuación Paco debullou polo miúdo e argumentou os motivos polos cales este tratado non é aceptable dende un punto de vista galego e nacionalista. Unha vez finalizada a súa intervención procedeuse a abrir un pequeno turno de preguntas no cal algúns dos asistentes aproveitaron para resolver dúbidas sobre o tratado.