Incendios e Bombeiros
Estos días anda a xente algo revolta porque xa imos polo terceiro incendio en poucos meses e dende o Concello non se toman medidas.
No pleno do día 15 aprobouse a cesión dunha parcela á beira dos Institutos para ubicar alí o futuro Parque de Bombeiros (para o cal aínda falta un rato largo). O grupo de CG presentou unha moción urxente para que se tomaran medidas xa, como solicitar un camión adecuado e persoal cualificado. O grupo de goberno rexeitou a urxencia da moción co argumento de que "co Parque de Bombeiros xa está o tema solucionado". Dous días despois pasou o que pasou.
Nun primeiro intre os tres grupos da oposición (PSdeG, CG e nós) concordamos na urxencia de solicitar un pleno extraordinario para debatir a cuestión, con dous obxectivos:

- Esixir responsabilidades ó goberno e ó propio alcalde.
- Debatir e poñernos dacordo nas medidas urxentes a adoptar.