Pleno ordinario decembro 2004
O derradeiro pleno do 2004 foi de trámite. Non había ningún punto da orde do día especialmente problemático, aínda así a proposta de obras do grupo de goberno do PP para os Plans Provinciais do 2005 deu pé a lembrar, outra volta, o abandono no que se atopa o proxecto do Museo do Entroido. Para estas obras, que financia a deputación, o alcalde propuxo o empedrado das rúas Santa Mariña e Sé. Dende o PSOE propúxose unha alternativa, coa que nós concordabamos, de adicar cando menos 60 mil euros para o Museo do Entroido. Ó final non foi adiante porque ó grupo do PP parécelle "ridícula" para a importancia das obras a realizar.
Por outra banda aprobouse unha operación de crédito do 300.000 euros que deixou en evidencia a pobre xestión do actual goberno, xa que non poidemos acollernos á oferta máis ventaxosa obxectivamente pola premura de tempo para poder concretala.
Outros puntos que resultaron aprobados foron:

- Ordenanza fiscal do servizo de ensinanzas no Conservatorio de Música e na Escola Municipal de Gaitas, que ven a regularizar a situación actual.
- Moción do Grupo Socialista relativa á Lei Integral contra a Violencia de Xénero.

0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Inicio