bng.xinzodalimia blog

Quinta-feira, Dezembro 02, 2004

Museo do Entroido

A situación actual do Museo do Entroido é lamentable: pechado e sin fondos para expoñer. O seu futuro tamén é bastante incerto, foi rexeitada a financiación do Interreg e agora vaise presentar unha nova solicitude ó Leader que, de resultar aprobada, apenas chegaría para uns pequenos arranxos.

A estas alturas parece pouco probable que, dada a situación económica do Concello e sen axuda doutras institucións, se vaia a materializar un proxecto que estaba cuantificado en máis de 2 mil millóns das antigas pesetas.

Sería unha mágoa que unha idea pioneira en Galiza e tan interesante dende o punto de vista cultural e de promoción turística, rematase esquecida nun caixón por culpa da nula vontade e interese amosados polo grupo de goberno do PP que, circunstancialmente, rixe os nosos destiños.