Adxudicación dos nichos do novo cemiterio
Hoxe (29.12.04) celebrouse un acto no Concello para adxudicar os nichos do novo cemiterio. Alí nos xuntamos os portavoces e grande número dos interesados, mais a cousa non se puido levar a cabo pola inconcreción dalgúns aspectos importantes, fundamentalmente:
- O sistema de adxudicación non estaba claro para os veciños: vai ser por orden de lista, cada veciño ten un número nesa lista e os nichos están tamén numerados así que o número 1 elexirá o seu nicho, e así sucesivamente.
- O prazo de cesión: parece ser que por lei non se poden ceder a perpetuidade, así que en principio a cesión sería por 99 anos. Este é un extremo que non gusta ós veciños así que haberá que buscar forma de amañalo. Vontade política por parte dos grupos da corporación existe.

0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Inicio